En Coma Comunicación Creativa arriscámonos, gústanos ir máis aló do evidente e mesmo recorremos a un signo ortográfico e non ás palabras, para definirnos. Coma, tras coma, tras coma? Porque sumamos, e ese é o noso obxectivo: que os proxectos que desenvolvemos para os nosos clientes sumen.

Todos comunicamos, persoas, colectivos, empresas… E todos necesitamos que alguén nos axude a facelo o mellor posible. Sentámonos e tomamos un café?

Coma é unha Sociedade Cooperativa Galega, baseada nun modo de organización horizontal e nun xeito de traballo colaborativo, conformada por catro persoas socias:

Diego Jiménez

desenvolvemento técnico e planificación estratéxica

Comunicador/cidadán, firme crente do poder da imaxinación para transformar o mundo que nos rodea. Pasou media vida traballando con organizacións sociais no Norte e no Sur, que lle amosaron que, cando falamos de creatividade, un David alegre e desarmado pode con moitos Goliaths grises e aburridos. Sabe que o software libre faranos libres.

Marta Paz

deseño e desenvolvemento web

Cun perfil artístico e creativo é a que mellor se entende co código sempre que sexa libre. Con ampla experiencia no uso e formación de ferramentas FLOSS con fins creativos. Experta no uso de WordPress, deseño web con html5 e css, e todos os recursos en liña para un mellor servizo. Nos seus intres libres aproveita para seguir creando coas súas pinturas.

Carlos Lorenzo

dirección de arte e creatividade

Apaixonado das tipografías, cores planas e a sinxeleza. Empeñado en alcanzar que os deseños conten moitas cousas usando os menos recursos posibles. Sempre disposto a facer un dobre salto con tirabuzón para grandes empresas ou para pequenos traballos. Un maldito suertudo namorado do seu traballo desde hai máis de 15 anos.

Christian Sellés

gabinete de prensa e redes sociais

Xornalista en tempos que dá vergoña recoñecelo e cóntase coa boca pequena; redirixido alén, ao que conta as verdades. Defensor do poder das palabras, do correcto uso do imperativo e do punto e coma. Analista do todo co seu significante e o seu significado: importa tanto a forma como o contido do que se conta.

photo_2018-06-20_13-49-47