A Xunta de Galicia ven de sacar unha liña de axudas para a consolidación das entidades da economía social de Galicia (Bono consolida economía social).

Se a túa entidade é unha cooperativa ou outro modelo de empresa da economía social podes solicitar unha subvención, sempre que teña unha antigüidade maior de 42 meses (creada antes de marzo de 2017).

Desde Coma Comunicación Creativa e BenCuriosa colaboramos conxuntamente para apoiar ás entidades que queiran solicitar estas axudas.

Servizos que se poden incluír na solicitude:

  • Elaborar un plan de uso das tecnoloxías no negocio ou na entidade
  • Crear, publicar ou mellorar a túa páxina web
  • Elaborar un plan de márketing e comunicación da entidade
  • Crear, mellorar ou desenvolver a imaxe corporativa da entidade

A maiores, pódense tamén solicitar apoios para a compra de equipos, reforma do local, etc.

Contía da subvención:

20.000 € máximo para todas as liñas (A axuda cobre o 80% dos gastos subvencionados).

Prazo de presentación das solicitudes:

30 de setembro de 2021

  • Concesión por orde de entrada, ata que se esgoten os fondos.
  • Adianto automático do 90% da axuda no momento da concesión.
  • Prazo de execución ata o 30 de setembro de 2022.

Contacto:

patricia@bencuriosa.gal | diego@coma.gal | +34 698 914 849

Prefires que te contactemos nós?

Envía este formulario para que nos poñamos en contacto (só o usaremos para isto)



Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pincha el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies