En Coma Comunicación Creativa estamos moi contentos porque Carlos, o noso Director Creativo é un “ leaper”, o termo  molón para definir a quen cumpre anos o 29 de febreiro. De feito, estamos tan contentos por poder celebrar os seus aniversarios que queremos celebrar o de todos os  bisestos que hai en España. Si, dos 32.000, incluído Pedro Sánchez. Coñeces a algún?

Pois á lea, poñemos ao dispor de todos os  leapers o noso departamento creativo: ides celebrar por fin os vosos aniversarios? Levades 4 anos e queredes facer unha festa? Nós deseñámosvos a vosa invitación para que non mandedes só un  whatsapp. E, ademais, o día 29 de febreiro farémosvos un agasallo, PORQUE Os BISESTOS NON CUMPREN TODOS OS ANOS E HAI QUE CELEBRALO.

Só tedes que mandar a bisiesto@coma.gal un documento que acredite que sodes  bisestos, leapers ou como queirades denominarvos, cos datos que queredes reflectir na vosa invitación e nuns días terédela no voso  mail.


Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pincha el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies