- Cliente Concello de Santiago
- Ano 2019
Cando nos chamaron do Concello de Compostela para deseñar a gráfica das Festas do Apóstolo 2019, axiña nos veu á cabeza crear un cartel que fose para todos. Que as veciñas e veciños de Santiago se sentisen representados por el, mais que a xente de fóra (que non é pouca para estas datas) tamén o entendera á primeira. De modo que optamos por amosar dun xeito sutil, case abstracto, o máis recoñecido das Festas: os fogos do Apóstolo.
Deseñamos unha gráfica que repesenta os fogos de artificio estoupando nunha noite de verán, acompañados por unha tipografía creada ad hoc que se inspira na tradición tipográfica galega, pero modernizada para a adaptar ao momento actual. Todo para facer un cartel que represente as festas e a Compostela.
- Cliente Concello de Santiago
- Ano 2019