- Ano 2021
- Cliente Concello de Cedeira
A través de GoodLife chéganos esta encarga de crear unha identidade propia para o Concello de Cedeira.
O primeiro que fixemos foi investigar sobre que elementos son os máis reconocibles da zona e chegamos aos Sanandresiños. “Trátase duns amuletos de faragulla de pan (símbolo de hospitalidade e de amizade) que reproducen distintas figuras vinculadas a San Andrés, achegando sorte a quen as teña” (fonte). Existen varios sanandresiños, pero o que utilizamos foi o do peixe co obxectivo de apoiar ao sector pesqueiro, principal motor da zona.
A tipografía é algo ao que demos moita importancia. Empregamos unha tipo moderna e actual de pau recto (sans serif), pero démoslle un ton “galego”. Non podía ser que a tipografía de Cedeira fose igual á de calquera outro sitio do mundo. As principais diferenzas atópanse no remate superior da A e nas curvas do E e do Erre.
As cores foron os mesmos que os do escudo (amarelo e verde) e creamos unha gráfica limpa e libre de elementos onde se destaca principalmente a nova imaxe do Concello.
- Ano 2021
- Cliente Concello de Cedeira